Costa da morte
A Costa da Morte é a xoia oculta de Galicia. Presumimos de ter o maior tramo costeiro da península sen grandes centros urbanos e iso xa é moito.
A nosa costa é rica en historia, tradicións, cultura, gastronomía, vexetación e fauna. Pero tamén é paz, melancolía, solpores inesquecibles e notas de música tradicional.
Tamén temos un patrimonio natural que paga a pena explorar a pé, parando a gozar de cada detalle, olor e son. Dende o ruxido do mar ao pé dos cantís, as fervenzas escondidas en recunchos, praias de augas cristalinas e mareas de primavera, altos cantís con vistas incribles e sen fin de sensacións que vivirás nas innumerables rutas que se estenden por toda A Costa da Morte.