Coliving

Compartes a nosa forma de vida?

A casa

A vida en iSlow xira arredor desta casa de pedra, construída cara o 1915. Pertencía ao bisavó Severino do Perito, que procedía da veciña aldea de Borneiro e casou con Carmen, de quen despois de 30 anos de matrimonio herdou a Casa.

Atópase a 1 km do centro urbano de Laxe, unha das localidades con máis vida da Costa da Morte, Galicia. A casa está rodeada dunha finca de 2.500m², un horto e un gran outeiro dende o que distintos camiños conducen a fermosas praias.

Slow Life

“Slow life is possible”. Si, efectivamente, unha vida sen présas é posible, centrada e aportando calidade ao tempo produtivo e de lecer.

O movemento Slow naceu en Italia nos anos 80 como alternativa á comida rápida, coa proposta dunha comida elaborada, tradicional e de calidade. Unha filosofía que se estendeu ao paradigma do traballo, á forma de viaxar e á vida en xeral, e que promove valores máis próximos á industrialización tradicional e equilibrada arredor da sustentabilidade ambiental e do benestar persoal e social.

En ISlow queremos ser donos do noso tempo, consumir localmente e apoiarnos no que temos cerca. E tamén queremos compartilo e vivilo contigo.

Slow Food

En Galicia, a gastronomía é o fío condutor que nos reúne arredor dunha mesa para compartir momentos en familia e con amigos. Ademais, en iSlow defendemos un ritmo lento cando se trata de comida. Deixamos de lado as présas, somos conscientes e responsables do noso consumo, apostamos polo local, o ecolóxico e o saudable.

A filosofía Slow Food permítenos descubrir a orixe dos produtos, a elaboración da receita tradicional, e experimentar a satisfacción de sentarnos a degustala, valores que nos conectan coas nosas tradicións e demostran que os galegos somos lentos moito antes de sabelo.

Vivimos nun contorno rodeado de pequenos gandeiros e agricultores locais que coidan moito os seus produtos, e a menos de 1 km de distancia atoparás un porto polo que cada mañá entra peixe fresco. Temos, pois, todos os ingredientes para compartir contigo a nosa filosofía e, ademais, aprender de ti e mellorala.

Compartes o noso modo de vida?