Os nosos bos hábitos de vida, e entre eles, a alimentación, son unha das ferramentas máis útiles para manter ou recuperar a saúde. E iso é precisamente o que trataremos nesta serie de obradoiros. Trátase de concienciarnos sobre a importancia dunha alimentación saudable para previr ou tratar determinados tipos de enfermidades.

Cada obradoiro consta dunha parte teórica e outra práctica, onde nos poñeremos mans á obra na cociña e descubriremos que o que é saudable non se discute co que é sabroso.

Nutrición saudable. Características xerais.

Neste primeiro obradoiro veremos cales son os aspectos xerais dunha alimentación saudable, cales son os erros máis habituais na nosa alimentación diaria e cales son os hábitos saudables que debemos conseguir para manter forte a nosa saúde. Tamén cociñaremos unha receita con ingredientes saudables que deberían formar parte da nosa dieta.

Duración: 3 horas.

Prezo: obradoiro gratuíto. Calquera achega adicional voluntaria irá integramente para o formador.

Obradoiro 0 - Alimentación e Saúde con Noa Vazquez Rendal

10,00